mércores, 2 de xullo de 2014

FLORIBUNDA ROSE- Linda Loves Linda - One Way Street (Piccadilly, 1967)

"One Way Street"

O sudáfricano John Kongos desembarcou en Londres en 1967. Despois dalgún intento en solitario apareceu como cabeza visible de Floribunda Rose, un proxecto que só deixou como legado este sinxelo. Ao ano seguinte o grupo mutaría en Scrugg e con ese nome publicaron tres singles máis cos que tampouco pasou nada. O éxito acabou por chegarlle nos primeiros setentas con "He's Gonna Step on You Again" e "Tokoloshe Man". Todas estas pezas están dipoñibles xuntas nun recomendable cd do que aínda se atopan copias: "John Kongos Featuring Floribunda Rose & Scrugg - Lavender Popcorn"


Ningún comentario: