mércores, 5 de marzo de 2014

HOMESTEAD - Every Living Thing Has A Place In God´s Heart...(Nimbus 9, 1972)

"St. Mark's Place"


Malia que pola portada e polo título podería parecer un disco de orientación relixiosa, non ten moito que ver con esa corrente e si máis co típico produto de segunda fila de primeiros setentas con algún momento interesante. Neste caso gustáronme un par de instrumentais "St Mark´s Place" e  "Suite" ademáis dunha macarrada titulada "Woman", o resto, do máis normaliño, probablemente nunha semana nin me lembre. Por certo, Homestead eran un dúo canadiano formado polo vocalista John Finley, que xa tivera o seu momento de gloria cos Rhinoceros, e o teclista Bill King que tamén era o compositor de tódolos temas. O disco publicouse en España vía Belter un par de anos despois.



Ningún comentario: