sábado, 21 de xullo de 2012

SHORTY LONG - Here Comes The Judge / Sing What You Wanna (Tamla Motown, 1968)

"Sing What You Wanna"

Shorty Long entrou na  Motown no ano 63 pero non tivo demasiada fortuna malia que temas como "Devil With The Blue Dress On" (1964) tiñan verdadeiro potencial e de feito un par de anos despois sería un éxito por Mitch Ryder & The Detroit Wheels. "Here comes The Judge" convertiríase no seu momento de gloria  aínda que eu prefiro a que vai no outro lado. Morreu afogado en Detroit en 1969.

Ningún comentario: