sábado, 10 de decembro de 2011

OS INCRÍVEIS - O Vagabundo (EP, RCA, 1969)

"Jurema"


Os Incríveis viñan de Sao Paulo e malia súa querencia polos sons máis ou menos negroides, non tiñan reparos para atreverse co que se lles puxera por diante, por exemplo o "Renacerá" dos Brincos, da que saen ben parados aínda que miña favorita do grupo é sen dúbida "Adeus amigo vagabundo", unha homenaxe moi resultona á memoria de Jimi Hendrix. Hoxe traemos este curioso Ep portugués que inclúe algún dos seus grandes éxitos como "O vagabundo", "Vendedor de bananas" ou esta bonita adaptación dun tema de Tim Maia, "Jurema".


Ningún comentario: