domingo, 3 de xullo de 2011

I CAMALEONTI Io Per Lei (EP, Epic, 1968)

"Il Pittore"

Este Ep dos milaneses I Camaleonti inclúe catro temas aparecidos no seu LP de 1968 "Io per lei" e malia que "Applausi"  é un dos momentos máis celebrados da historia do grupo, hoxe escollemos esta adaptación do "Pictures Of Matchstick Men" dos Status Quo. As outras pezas son tamén versións. "Homburg" dos Procol Harum. e "Io per lei", un tema de Bob Crewe que fixera popular o ano anterior Franki Valli e que en Italia funcionou moi ben, de feito ese mesmo ano Gianni Morandi e Patty Pravo tamén fixeron a súa propia lectura.



Ningún comentario: