xoves, 29 de abril de 2010

MIDAS TOUCH Heavy Group Activity - Light Group Activity (The Standard Music Library, 1974)

"Harvey"

Poderiamos definir a "library music" como aquelas gravacións destinadas a servir de fondo musical para televisión,  publicidade, documentais ou películas. Dentro do noso mundo poproqueiro quizáis as máis lembradas son as que fixeron os Pretty Things para DeWolfe Music Library e que están recollidas dentro das famosas Banana Series.

Hoxe traemos un exemplo gravado para outro selo adicado a ese xénero, a Standard Music Library, da man do compositor Midas Touch do que non atopei nengunha mención pola rede. Cada unha das caras do disco vai dun estilo e así na que lle toca a Heavy Group, hai predominio do wah-wah,  das guitarras estilo Shaft e do fuzz,  mentras que o Light Group  está moito máis contido con pianos e guitarras acústicas. Malia que algún pensará que xa estou coas miñas frikadas, é de verdade, un disco de instrumentais moi entretido sobre todo a parte de The Heavy Group Activity.


Ningún comentario: