martes, 17 de novembro de 2009

ORANGE BICYCLE Goodbye Stranger - Country Comforts (Belter, 1971)

Este foi o último sinxelo editado polos británicos Orange Bicycle e non está dentro do mellor da súa produción discográfica aínda que sempre é de agradecer a voz de Will Malone. "Goodbye Stranger" asinada por un tal Dove non ía no elepé mentras que "Country Comforts" si formaba parte do mesmo e era unha das tres versións de Elton John e Bernie Taupin que aparecían nel. Se o queredes escoitar podedes facelo aquí.

Ningún comentario: