xoves, 5 de novembro de 2009

NICK GARRIE On a Wing And A Prayer



Vai para dous anos que Nick Garrie estivo actuando no Felipop de Inverno. Naquela época andaba un pouco fodido polo seu recente divorcio e xa se sabe que eses estados do corpo e alma son perfectos para facer cancións ou iso din os músicos. O caso é que o bo de Nick escribiu hai unhas semanas para dicirnos que un dos temas do seu recente elepé "49 Arlington Gardens", composta durante a súa estadía no mítico Hostal Allegue de Perlío, tamén aparece na banda sonora dunha das películas triunfadoras no recente festival de San Sebastián "Yo También".


Hola, this film has the song "Wing and a Prayer" which I composed in your little hotel when I came to play!Happy days!
best nick

1 comentario:

Canosa dixo...

A peza ten o típico arrecendo de peza musical composta nun hostal á beira dun estaleiro. Ta bonita.