mércores, 2 de setembro de 2009

PENTECOSTÉS VIBRATIONS Spanish Xian Garage Psych & Beyond 1969-1979 (Hundergrum Records, 2009)


Durante o verán coincido co cura de Barallobre mentras tomo o café no Mesón O Campo e normalmente non utilizo o meu anticlericalismo para entablar unha coversa senón que recurro ao mundo do futebol, el é un apaixoado seguidor do Celta e eu do Deportivo aínda que os dous coincidimos na mesma idea sobre os coruñeses capitalinos. Todo isto ven a conta porque Elías, así se chama o noso párroco, tivo tamén, como non, os seus filtreos musicais co selo Pax, de feito o grupo folkroqueiro que tocaba na nosa igrexa nos primeiros setenta, Os Segreles, chegaron a gravar un Ep para o selo eclesiástico, se tedes moito interés nel podédelo escoitar aquí. Esta nova edición de Hundergrum Records responsable ata a data de tres volumes da serie Andergound Vibrations está tamén detrás deste novo artiluxio que segue a escarvar no pasado friki tras hispano desta volta con grupos que desenvolven a súa paixón por Cristo, Jesús e María Santísima, o resultado en liñas xerais é francamente tan aterrador como a doctrina que predican, aínda que se te esqueces das letras ao mellor incluso ves algo. O máis interesante está nas pezas que xa coñecía, a dos Cirros do ex-ministro de xustiza Mariano Bermejo e a dos Amis co ex-poli mili Pertur, do resto non están mal "La gloria de Dios" de Proa, e "Mundo de Hoy" dos Bremen´s, a que máis me gustou con diferencia, o resto non pasan da curiosidade para completistas tan tras coma eu. Afondar está ben pero últimamente estos produtos están un pouco estirados de máis. Paz irmáns e viva o estado laico.

Non andes á procura da ligazón para a descarga porque non hai, quizáis dentro dun tempo, de momento podes mercalo en Guerssen por exemplo, antes de que se esgote.

5 comentarios:

laclasedetercero dixo...

voy a seguir tu consejo, lo pillaré en discos latimore.
saludos

Lanzarote dixo...

Fabuloso!! gracias

Carlos dixo...

Muchas gracias. Curioso este recopilatorio con grandes canciones (algunas no tanto, la verdad).

Un saludo,

Carlos dixo...

Yo me hice con él en Guerssen, donde puedes pedir discos con confianza pues son garantía de buen hacer.

18 RODAS dixo...

Está bien eso de dar las gracias a cambio de nada, pero por lo menos comentamos, estoy contigo Carlos, sólo unas cuantas se salvan, gracias a ti