venres, 21 de agosto de 2009

TARA Grabaciones Completas (CD, Polydor-Salvat, 1993)

Normalmente todo o posteado ten orixe vinílica pero hoxe imos facer unha excepción con este Cd que apareceu nunha colección editada pola editorial Salvat nos primeiros noventa pero da que non coñezo máis referencias. O curioso do disco e que trae toda a produción rexistrada por Tara, ademáis dalgún inédito. Coñecida como a Janis Joplin galega, María Teresa Pérez Guerra naceu na Coruña o 23 de Agosto de 1950. Con 11 anos gaña o seu primeiro concurso radiofónico dunha emisora local. Despois do seu paso pola Ecola de Artes e Oficios da cidade herculina onde estuda decoración e cerámica, trasládase a Barcelona e alí retoma o seu contacto coa música pasando a cantar cun grupo á vez que traballa nun taller de cosméticos. Maryní Callejo, unha das figuras máis importantes na música española dos sesenta, fíxase nela despois da recomendación de Augusto Algueró.

Despois de case un ano de duro traballo edítase o primeiro single en xuño do 70. A cara A, "Happy" é unha versión realmente boa do tema de William Bell e como cara B apareceu "El amor de una mujer" de Barry e Mauricio Gibb, francamente esquecible se non fora porque a rapaza canta realmente ben. O éxito foi case instántaneo, así que o seu selo discográfico decidiu editar todo un LP. O disco foi gravado en directo na discoteca madrileña J&J o 5 de xuño de 1970. Con toda a prensa reunida repasa clásicos como "River Deep Mountain High", "Think", "Son of a preacher man", ademáis dos temas do single,,... Os medios foron contundentes despois da presentación: "Unha voz sensacional", "Barre con todo", "Por primeira vez a crítica aplaude posta en pé",...

En outubro dese mesmo ano edita o seu segundo sinxelo con dúas cancións firmados polo noso benquerido Teddy Bautista, "Somebody" e "Lonely People" que están bastante ben. Pouco despois toma a decisión de deixalo, en parte polo medo e vergoña que lle supón actuar en público e por outra porque decide casar e adicarse aos seus asuntos.
Tras unha ausencia de case tres anos reaparece en setembro de 1974 cun novo single "Sálvame" que ten unha escoita e como cara B "Algo o alguién como yo", nada de nada. Dende entón o único que se sabe dela e que traballou en publicidade e que a súa voz podía escoitarse nagún jingle. O cd inclúe o Lp, os tres singles e dúas inéditas, unha adapatación de "Never, never leave me" que fixera Mary Wells e que pertenece ás sesións do seu primeiro single ademáis de "Mis pensamientos" gravada no ano 74.

Este é o comentario que nos fixo chegar Carlos Juliá

Para completar la discografía de Tara sólo os falta una pieza. Su título es "Si no te ríes de tu propio culo acabarás por tomártelo en serio" (Si, en serio, ése es el título y no es broma) está compuesto por el ínclito Teddy Bautista con una descarada inspiración pinkfloydiana y podéis encontrarlo en la banda sonora "Nos Va La Marcha" (1978) interpretado en directo a los teclados por el propio Teddy y Tara haciendo un solo vocal que sería el equivalente al de "The Great Gig In The Sky" de "The Dark Side Of The Moon". El tema tiene una duración de poco más de trece minutos y es un broche final estupendo para la discografía de Tara.




2 comentarios:

Anónimo dixo...

Hola: Aún recuerdo la espectación que la irrupción de Tara ocasionó allá por 1970 0 1971 aprox. en el panorama musical español. Después, seguramente debido a una selección musical desacertada, el "boom" inicial fue diluyéndose. Sin embargo esta recopilación es muy interesante y sin duda alguna, muy sugerente y alusiva para los que vivimos aquellos años de ilusiones. Gracias.

Anónimo dixo...

La recuerdo muy a menudo desde que desapareció de la escena. Hoy la ha nombrado José Ramón Pardo (muchas veces he querido preguntarle por ella) y he buscado en Internet. Qué gusto, hay mucho más de lo que esperaba poder encontrar. No era Aretha Franklin ni Janis Jopli, era Tara. Me ha emocionado volver a escucharla, desde que ella cantaba he oido mucha música, pero sigue sonando como una diosa del soul. Si alguien la conoce, que le diga que era (y en su música sigue siendo) maravillosa. Gracias por toda la información