domingo, 19 de xullo de 2009

NIRVANA Ao Vivo no Felipop 2004

Naqueles tempos no que o 18 Rodas aínda era unha publicación escrita o noso redactor Nico Estrume púxose en contacto con Patrick Campbell Lyons para un artigo que estaba a facer sobre os Nirvana británicos. Patrick resultou ser un tipo encantador así que uns anos despois e aproveitando esa relación voltamos a falar con el sobre a posibilidade de reunir de novo a Nirvana para que tocaran en Limodre no Felipop 2004. Como solíamos facer naqueles anos recurrimos aos nosos queridos e sempre dispostos Bronco Bullfrog para ver se querían ser a backing band do proxecto, bueno, a Mike a idea non lle gustou en exceso e dixo non. Despois dun par de ensaios en Londres nos que o outro membro orixinal do grupo Alex Spyropoulos non puido participar por problemas físicos, preséntaronse en Limodre cunha formación que incluía aos bronquitos Andy Morten á batería e Louie Wiggett ao baixo, Patrick Campbell á voz, un guitarrista filigraneiro de nome Keith Smart, colaborador habitual de Lyons nestes últimos anos, a súa muller Francine facendo coritos e outra rapaza aos teclados da que non lembro o nome.

O concerto a priori tiña o risco de se converter en algo realmente tras pero non foi o caso, e algúns dos temas quedáronlles realmente ben e boa parte do público fixo os coros de rigor nos estribillos incluído un sorprendido Magín Blanco, aínda que nunca se lle pode facer moito caso ao rúes. Patrick creo que o pasou tamén bastante ben porque decidiu prolongar a súa estancia un par de días máis e a pesar da súa idade aguantou como un titán, as lendas din que foi capaz de tumbar ao entón heroe da nocturnidade, Kabaloff que as oito da maña pediu clemencia. Tamén memorable foi a noite do domingo en casa Ardá con Patrick contándonos o show que compartiran con Dalí na televisión francesa e na que os membros do grupo acabaron todos pintados, onde terei aquela camisa? dicía Patrick. Tamén esa noite e xa un pouco calzado decidiu coller a guitarra para tocar un par de temas tradicionais irlandeses, foi terrible, basta dicir que había coarenta anos que non collía unha guitarra. En fin... anécdotas varias, hai máis pero hai que ser educado, que sería de nós sen todas as conachadas que rodean ao mundo do espectáculo.

01-I BELIEVE IN MAGIC (5:35)
02-ORANGE AND BLUE (4:09)
03-RAINBOW CHASER (2:57)
04-DARLING DARLENE (2:46)
05-PENTECOST HOTEL (4:22)
06-MELANIE BLUE (3:02)
07-WINGS OF LOVE (3:36)
08-SATELITE JOCKEY (3:32)
09-ALL OF US (3:58)

Remexendo a posteriori pola internet atopei este comentario bastante simpático de alguén que apareceu en Limodre un tanto despistado, é absolutamente real.

Hola, yo un jevi de pro maño :), y por causas del destino que no viene a cuento, estuve el viernes noche en un festival llamado Felipop en Limondes (A coruña), la verdad que no me habia visto nunca en una de estas porque normalmente se lo que voy a ver mas o menos, no recuerdo el nombre del primer grupo (trio) que vi, no me disgusto, una mezcla de Beatles, Oasis, etc con alguna cancion cañera que estuvo bien, esta claro que ese no era mi sitio :), mi curiosidad vino porque el bajista y bateria del grupo tocaban con el siguiente grupo que eran las estrellas del festival un grupo muy conocido :? de los años 60, donde un cantante ya entrado en años tocando una pandereta iba acompañado de otra teclista entrada en años y unos jovenes en comparación con ellos. A la tercera canción y en un claro acto de sacrilegio para los fans de este grupo me fui con la maría y el lsd de los años 60, alguien les veria algo yo nada, yo solo oi un grupo del que deben de quedar el cantante y la teclista originales y que se pasean ahora con mas pena que gloria, solo hay que ver que el bajista y el bateria disfrutaron y se entregaron mucho más en la actuación anterior. Alguien los conoce y me puede decir algo de ellos? Gracias y un saludo.

Link by mail dezaoitorodas@gmail.com


1 comentario:

Alfonso dixo...

Jajajaajajajajajaajajajajajajaja, menudo tras o jebi maño!!!!!!!

Menudo trassssssss!

Vou baixar isto a ver se mola tanto como foi o estar alí flipando hai xa... 5 anos!