mércores, 25 de marzo de 2009

LA ROSA O Pulso Do Tempo (Caskabel, 1988)

Imos completar os traballos discográficos de La Rosa e principiamos con esta recopilación, un doble Lp cunha das portadas máis feas que lembro ter visto, que foi editado pola Xunta e a Deputación da Coruña e pola que desfilaban bandas galegas, case todas da Coruña, cantando en galego. La Rosa aparecían con dous temas que posteriormente voltarían a gravar, pero en castelán, "Tren de Sucre" e "O fin do Romace", cunha producción un pouco cutre realizada en Caskabel (León). Mencionar que na recopilación tamén aparecían El Metódo Sueco, o grupo do noso presentador favorito no Felipop, o gran Franki, ademáis de Pasaje de Proa, La Traición, El Origen, Destellos de Pasión, Los Bichos (os de aquí, os de Pablo Bicho),..., todas con moi boa intención pero con resultados musicales escasos.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Só por Método Sueco merece a pena baixar este disco. Franki Forever e a ver se este ano se viste de domador de leóns para presentar o Felipop.

18 RODAS dixo...

Ollo, non está todo o disco, só as dúas pezas d La Rosa