luns, 23 de marzo de 2009

FLASH FEARLESS Versus The Zorg Women Parts 5 & 6 (LP, Chrysalis-Ariola, 1975)

Case todo o mundo ten oído falar de Flash Gordon ou Buck Rogers, pero o máis probable é que poucos coñecen ao noso heroe Flash Fearless, a pesar de que entre as súas fazañas se contan as de eliminar de morralla, renegados e tránsfugas todo o sistema solar, de Xúpiter a Marte, da Bouza da Pena ata os Aneis de Saturno. Tanto tempou pasou no espacio exterior que non foi ata mediados dos setenta cando por fin chegaron aquí, á Terra, as novas das súas expedicións planetarias e todo grazas a publicación deste "Flash Fearless vs Zorg Women: Parts 5 & 6", unha especie de disco conceptual claramente influenciado polo éxito de The Rocky Horror Show e no que se implicaron figuras notables da escena rock de aquel momento, entre outros: Alice Cooper, Elkie Brooks, Frankie Miller, o guaperas Jim Dandy de Black Oak Arkansas, Keith Moon e John Entwistle dos Who, Kenny Jones, o eterno sesionero Nicky Hopkins, Justin Hayward dos Moody Blues, Bill Bruford de Yes, Carmine Appice ... En canto ao aspecto musical do disco hay evidentemente bastante rock non demasiado brilante, blues, algún toque country e incluso doo wop en "At The Chop" cantada por Entwistle e que é con diferencia a máis divertida. O disco viña cun comic, esencial para seguir a historia, desgraciadamente a copia que teño non trae ese libreto, pero si a recente reedición en CD.

1 comentario:

BE dixo...

Thank you so much! I didn't know this record which features my all time hero John Entwistle! Yeahhhhhh!!!