mércores, 11 de marzo de 2009

DEMIS ROUSSOS On The Greek Side Of My Mind (LP, Phillips, 1971)

Como deberiades saber o noso Demis Roussos, digo noso porque forma parte da nosa iconografía nos setenta, formou parte de Aphrodite´s Child aquela banda que case por casualidad atopou o éxito primeiro en Francia e despois no resto de Europa. Con eles gravou tres Lp´s, os dous primeiros teñen seus bos momentos pero curiosamente, o máis aclamado "666" aquel disco conceptual baseado no Apocalipse de San Xoán, paréceme un coñazo e foi tamén motivo de fricción entre el e Lucas Sideras por unha parte e Vangelis pola outra xa que o mago das teclas que quería facer música máis seria.

Despois de que o grupo se desfixera, Demis iniciou a súa carreira en solitario co single "We Shall Dance" que serviu de anticipo para este "On the Greek Side of My Mind". Parece ser que o disco era un antigo desexo de Demis de fusionar o folklore Greco-Bizantino e a música pop e aínda que todo o disco está claramente ao servizo da espectacular voz do cantante, musicalmente os achegamentos á música tradicional son na maioria dos casos meras excusas ornamentais aínda que lle dan un ambiente distinto as cancións que non se escapan dos arranxos barrocos. Hai momentos realmente brilantes como "Good Days Have Gone" a pesar deses coros femininos tan populares nos setenta, "I Know I'll Do It Again", "Fire and Ice" cos seus clavicordios, arpas, e demáis parafernalia, "End of the line" que lembra aos Bee Gees cando se meteron no country , " O My Friends You've Been Untrue To me" cunha entrada ao Jethro Tull e quizáis das máis representativas en canto a esa fusión coa música tradicional. Que o disfrutedes aínda que haberá que non se atreva

Ningún comentario: