venres, 20 de febreiro de 2009

MOXY II (LP, Polydor, 1974)

Moxy eran un quinteto de canadianos hardroqueiros que deixaron unha longa discografía. Este é, evidentemente, o seu segundo disco que, ao igual que o primeiro non vale moito, pero este ten polo menos un tema notable na peza que abre o disco "Cause There's Another" que aínda que empeza cun riff típico do xénero deriva nun espléndido exemplo de hard power-pop. Tampouco está mal o instrumental "Slippin' Out" que pecha a cara A co protagonismo dun vocoder, accesorio musical moi popular a mediados dos setenta, lembra a Peter Frampton en "Do you feel like we do?. O resto do disco só para muy fans.

Ningún comentario: