sábado, 28 de febreiro de 2009

JOHNNY JOHNSON & HIS BANDWAGON Mr. Tambourine Man (Single, Bell Records, 1971)

Orixinalmente coñecidos como The Bandwagon, este grupo formouse en 1967 con Artie Fullilove, Billy Bradley, Terry Lewis e Johnny Johnson como cantante. Editaron un LP e unha serie de sinxelos, dos que o seu maior éxito foi Breakin' down the walls of heartache, que chegou ao número catro das listas británicas. En 1970 caen en mans de Tony Macaulay, un dos mellores compositores ingleses de música chicle dos 60, cuxos traballos máis coñecidos foron os que protagonizou con The Foundations, e compón, xunto con Roger Cook e Roger Greenaway, para os xa coñecidos como Johnny Johnson & his Bandwagon a canción pola que máis se lles recorda: (Blame it) On the Pony Express.
Tras un novo LP, en 1971 gravan o sinxelo que vos presentamos. Había que ser moi atrevido para editar de novo unha canción tan mítica como Mr. Tambourine Man, pero se pensades que esta é unha interpretación calquera vos equivocades. Acadaron, cun arranxo bastante audaz, obra de Gerry Shury e de do proprio Macaulay, unha versión apenas recoñecible do tema de Bob Dylan. Unha brillantísima mestura de soul, funk e bubblegum que, oh, sacrilexio!, atreveríame a dicir que non ten absolutamente nada que envexar á inmortal versión dos Byrds. Ah!, e tamén se pode bailar...A cara B, Soul Sahara, resulta ser un exercicio de estilo funk sen a maior trascendencia.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Impresionante