luns, 8 de decembro de 2008

RICHARD & MIMI FARIÑA Reflections in a Cristal Wind (LP, Vanguard, 1965)

Inmediatamente despóis de Bob Dylan, Richard Fariña foi un dos primeiros en evolucionar desde o folk cara ao folk-rock. Poeta, novelista, ensaísta e ata en ocasións xornalista, estivo durante longo tempo ligado ao movemento folclórico. Engadamos que estaba casado con Mimi Báez, irmá de Joan, cantante tamén, e que desde 1963 percorrera Europa en compañía de Eric von Schmidt. Os dons poéticos de Richard Fariña, unidos ao seu acentuado gusto pola música tradicional, levárono con toda naturalidade a escribir cancións.

Activo no descubrimento de novos talentos (como o de Mark Spoelstra) cando vivía en California, non esqueceu a súa propia carreira como cantante, e en 1965 gravou en Vanguard Records, a dúo coa súa muller, un álbum de folk cheo de achados, co título de Celebrations for a grey day. Ese mesmo ano gravaron o ao meu parecer seu mellor álbum, Reflections in a cristal wind, onde Richard Fariña deixou ver un gran futuro como creador dunha música pop particularmente orixinal. Nas súas cancións máis folk trátase dunha continuación do seu primeiro traballo, pero nos temas máis eléctricos, interpretados co acompañamiento dunha banda de rock, combinaba fortes ecos do Bob Dylan de “Bringing it all back home”, xunto con sons irlandeses ou toques hindús. O ingrediente final, ademáis de crucial, era as voces da parella, que soaban totalmente naturáis. Mimi tiña unha voz moito menos chillona que a súa irmá e polo tanto máis agradable.
Este disco parecía que abría innumerables portas polas que podía evolucionar a súa música, pero non tivo tempo de ser máis que un pioneiro: o 30 de abril de 1966, aos vinte e nove anos de idade, pereceu nun accidente de moto, desta morte que, por unha ironía, libraríase pouco despois o seu amigo Bob Dylan.

Máis información


Ningún comentario: